Herramientas
Cambiar el país:
Europa Press - Galego
Europa Press - Galego
O novo equipo do Sergas traslada a sindicatos vontade de diálogo e de seguir cos cambios na súa primeira reunión
   Todas as partes coinciden en retomar en breve a negociación da mesa sectorial en torno ao plan de ordenación de recursos humanos
4 h
europapress.es
O TC declara inconstitucional que Galicia limite a 15 anos o prazo de actuación contra obras ilegais na costa
O Pleno do Tribunal Constitucional (TC) declarou inconstitucionais e nulos os artigos da lei de acompañamento aos orzamentos galegos para 2023 que limitan a 15 anos o prazo de actuacións contra obras ilegais na costa.
9 h
europapress.es
Acepta 12 meses de prisión por matar á súa cadela en Baiona arroxándoa contra o chan e dándolle unha patada
Un veciño de Baiona (Pontevedra) aceptou este mércores a pena de 12 meses de prisión, ao recoñecerse autor dun delito de malos tratos animais, por matar á súa cadela arroxándoa contra o chan e dándolle unha patada.
9 h
europapress.es
Hereu confirma a aprobación de novos proxectos do PERTE VEC II, entre eles Stellantis Vigo con 29 millóns de euros
O ministro de Industria e Turismo, Jordi Hereu, confirmou este mércores a aprobación de 15 novos proxectos do PERTE do Vehículo Eléctrico e Conectado (VEC) II por 76 millóns de euros, entre eles os de Stellantis Vigo e Gestamp.
9 h
europapress.es
A Xunta, "moi decepcionada" coa resolución do PERTE para Stellantis, que "concede só a metade" do solicitado
A Xunta de Galicia mostrouse este mércores "moi decepcionada" após coñecerse a resolución do PERTE do Vehículo Eléctrico e Conectado (VEC II), que outorga á planta de Stellantis en Vigo "só a metade" do solicitado.
europapress.es
Un total de 928 actuacións xudiciais foron suspendidas en Galicia desde o inicio da folga da quenda de oficio
Un total de 928 actuacións, vistas, comparecencias e audiencias previas foron suspendidas nos 276 órganos xudiciais de Galicia desde o inicio da folga da quenda de oficio o pasado 21 de novembro. Isto supón unha media de nove actos cada día.
europapress.es
Acepta tres anos de cárcere por violar a unha coñecida após atoparse nunha discoteca de Vigo
Un home acusado de violar a unha coñecida após atoparse nunha discoteca de Vigo aceptou tres anos de cárcere nunha vista de conformidade levada a cabo este mércores na sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede na cidade olívica.
europapress.es
Stellantis Vigo valora as axudas do Perte VEC II, pero alegará para obter o "máximo apoio" aos seus proxectos
A factoría viguesa do grupo automobilístico Stellantis valorou as axudas que a planta recibirá no marco da segunda convocatoria do proxecto estratéxico para a recuperación e transformación económica do vehículo eléctrico e conectado (Perte VEC II), aínda que anunciou que presentará alegacións para obter o "máximo apoio" aos seus proxectos.
europapress.es
Morre un motorista ao chocar cun coche en Quiroga
   Un motorista faleceu esta tarde de martes ao chocar contra un coche na estrada LU-933, á altura a parroquia de Nocedo, no municipio de Quiroga (Lugo).
1 d
europapress.es
A Xunta censura a falta de resposta do Goberno á súa petición para declarar as rías zona catastrófica
   A Xunta censurou a falta de resposta por parte do Goberno central á solicitude remitida a finais de 2023 para declarar zona catastrófica as rías galegas pola alta mortalidade nos bancos marisqueiros ocasionado polas intensas precipitacións rexistradas o pasado outono.
1 d
europapress.es
A reserva dos encoros galegos alcanzan o 88,16%, dous puntos máis que a semana anterior
As precipitacións sostidas na última semana elevaron a reserva hídrica de Galicia ao 88,16% da súa capacidade, dous puntos por encima da media da semana anterior, que era de 85,7%, segundo os datos do Ministerio para a Transición Ecolóxica.
1 d
europapress.es
Rueda pedirá a Sánchez unha reunión para abordar a axenda galega e reclamarlle respecto á igualdade entre territorios
O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, asegurou este martes que pedirá esta semana unha reunión ao presidente do Goberno,Pedro Sánchez, para reivindicacións autonómicas en financiamento e infraestruturas e, ademais, reclamarlle que respecte a igualdade entre os territorios ao alertar que este principio se está pondo en cuestión por parte do Executivo.
1 d
europapress.es
A Xunta sostén que actualizará o Pladiga, mentres o PSdeG alerta de falta de prevención
O director xeral de Defensa do Monte, Manuel Rodríguez, asegurou que a Xunta actualizará o Plan de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia (Pladiga), mentres lembrou ao PSdeG que este plan "xa está aprobado" e o que se aproba agora son "actualizacións".
1 d
europapress.es
Galicia lucirá 125 bandeiras azuis este verán, mesma cifra que en 2023, entre praias e portos deportivos
   A Comunidade contará con 114 praias con este distintivo e Sanxenxo (Pontevedra) mantense como concello que máis ten de toda España
1 d
europapress.es
Cortado un carril da A-6 en sentido a Lugo tras envorcar un camión á altura de Carballedo
O envorco dun camión na A-6 no quilómetro 461, á altura de Carballedo, obrigou a cortar un carril da autovía en sentido Lugo na mañá deste martes. Segundo informan a Europa Press fontes do 112 e da Dirección Xeral de Tráfico (DXT), un camión quedou envorcado sobre a estrada pouco despois das 9.10 horas.
2 d
europapress.es