Herramientas
Cambiar el país:
Europa Press - Galego
Stellantis Vigo valora as axudas do Perte VEC II, pero alegará para obter o "máximo apoio" aos seus proxectos
A factoría viguesa do grupo automobilístico Stellantis valorou as axudas que a planta recibirá no marco da segunda convocatoria do proxecto estratéxico para a recuperación e transformación económica do vehículo eléctrico e conectado (Perte VEC II), aínda que anunciou que presentará alegacións para obter o "máximo apoio" aos seus proxectos.
europapress.es
Morre un motorista ao chocar cun coche en Quiroga
   Un motorista faleceu esta tarde de martes ao chocar contra un coche na estrada LU-933, á altura a parroquia de Nocedo, no municipio de Quiroga (Lugo).
europapress.es
A Xunta censura a falta de resposta do Goberno á súa petición para declarar as rías zona catastrófica
   A Xunta censurou a falta de resposta por parte do Goberno central á solicitude remitida a finais de 2023 para declarar zona catastrófica as rías galegas pola alta mortalidade nos bancos marisqueiros ocasionado polas intensas precipitacións rexistradas o pasado outono.
europapress.es
A reserva dos encoros galegos alcanzan o 88,16%, dous puntos máis que a semana anterior
As precipitacións sostidas na última semana elevaron a reserva hídrica de Galicia ao 88,16% da súa capacidade, dous puntos por encima da media da semana anterior, que era de 85,7%, segundo os datos do Ministerio para a Transición Ecolóxica.
europapress.es
Rueda pedirá a Sánchez unha reunión para abordar a axenda galega e reclamarlle respecto á igualdade entre territorios
O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, asegurou este martes que pedirá esta semana unha reunión ao presidente do Goberno,Pedro Sánchez, para reivindicacións autonómicas en financiamento e infraestruturas e, ademais, reclamarlle que respecte a igualdade entre os territorios ao alertar que este principio se está pondo en cuestión por parte
europapress.es
A Xunta sostén que actualizará o Pladiga, mentres o PSdeG alerta de falta de prevención
O director xeral de Defensa do Monte, Manuel Rodríguez, asegurou que a Xunta actualizará o Plan de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia (Pladiga), mentres lembrou ao PSdeG que este plan "xa está aprobado" e o que se aproba agora son "actualizacións".
europapress.es
Galicia lucirá 125 bandeiras azuis este verán, mesma cifra que en 2023, entre praias e portos deportivos
   A Comunidade contará con 114 praias con este distintivo e Sanxenxo (Pontevedra) mantense como concello que máis ten de toda España
europapress.es
Cortado un carril da A-6 en sentido a Lugo tras envorcar un camión á altura de Carballedo
O envorco dun camión na A-6 no quilómetro 461, á altura de Carballedo, obrigou a cortar un carril da autovía en sentido Lugo na mañá deste martes. Segundo informan a Europa Press fontes do 112 e da Dirección Xeral de Tráfico (DXT), un camión quedou envorcado sobre a estrada pouco despois das 9.10 horas.
europapress.es
A Xunta adxudicou 985 millóns dos fondos de Resiliencia e Rueda pide ao Goberno "axilizar os retidos"
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, subliñou este luns que o Executivo autonómico adxudicou 985 millóns de euros dos fondos de Mecanismo de Recuperación e Resiliencia (MRR) e autorizou a publicación de convocatorias por importe de 1.097 millóns, o que supón, en palabras do mandatario autonómico, un "grao de execución moi razoable".
europapress.es
Detida en Vigo por agredir á actual noiva da súa exparella, da que ten orde de afastamento
Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a unha muller de 42 anos de idade, C.M.G.B., como presunta autora dun delito de quebrantamento de condena, un delito contra a seguridade viaria e un delito de resistencia e desobediencia.
europapress.es